16.11.09

12.11.09

criseeXIII!!

Crise, que crise! Os conxeladores combi de dobre capacidade, fan a vida dun gallego moito máis doada; esta reportaxe é unha homenaxe á horta gallega desde a horta marziana e a todos ises produtos que aínda me quedan no conxelador e son parte importante da miña supervivencia:

A creatividade e o exotismo leva a miña nai a novos descubrimentos gastronómicos; buscando sempre a excelencia:

Aínda quedan amendoiñas; lástima non inventen unhas transxénicas sen casca, seica son moi boas pra mente:

Castañas, unha chea, valioso froito autóctono, pero pouco práctico xa que levan 3 cascas:

Os tomates son a envexa da Barxa, pra ensalada, pra salsas... Aínda teño algún por aí, como se diría, do tamaño dun puño:

E cherris tamén hai, poucos pero hai... Vexetal exótico, con nome exótico:

Poucos, pero deliciosos e cun sinfín de aplicacións culinarias. Se os marzianos probasen isto, decataríanse de que a súa vida e sociedade son innecesarias:

Distes xa non quedan, pero que grandes furriqueiras!!

E os meus pequenos, canto coidado, canto amor; non vos laiedes compañeiras! Istes xa me acompañaron na viaxe, pero sen chaqueta...

Mirade a cara de pánico da nai, ao observar o golpe letal, agora cheos de profundos sentimentos e sensibilidades poñémoslles unha bandana nos ollos, pedímosllas a medio ambiente:

E as porquiñas, aquí están, 4 temos sempre, levan cadansúa o nome dunha das Chicas de oro:

Aquí o froito dos seus esforzos, arracados cada mañá da súa protección e agarimo:

Nun lugar onde o prixel medra ata no cemento, como se vai pasar fame!!

homenagem...

... a Ramoncín. Ise home demagogo e morto de fame. Ise pseudo artista e tertuliano que se toma tan en serio así mesmo. Non sei se irá de antimonárquico pero compórtase igual ca iles...

Pois fagamos pública a súa mediocridade... Non á censura...

6.11.09

controversias...

... do noso mundo. OU volve estar en boca de todos, volve a ter presenza nos medios estatais, e volve a dar unha imaxe digna dun lugar así. Ata no yahoo novas se fan eco dos acontecementos.

Unha vez máis, as administracións fan o ridículo e amósanse moi, moi afastadas das necesidades reais da sociedade á que deberían servir e/ou administrar.

Eu penso que o neno non está tan gordo, xa cambiará cando medre non, xa o din os vellos. Ademais, parece de raza xitana, nos seus preceptiles estándar o pícaro parece que se encamiña con bo pé cara o liderato da tribo. Ah! e se a tribo xitana quere protexelo, non teñen nada que facer, teñen sucursais en todas partes...

a natureza ás veces é sabia